Localización Torre-campanario.
Diámetro (en cm) 60
Peso aproximado (en quilogramos) 125
Fundidor ANÓNIMO (GALICIA)
Ano de fundición 1787
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da torre-campanario. Fundida en 1787 por autor anónimo. Ten unha medida estimada duns 60 cm de diámetro.
Terzo (T) 2 cordóns /
SAN ... ORAPRONOBIS ✱ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior dunha estrela de oito puntas. Os brazos teñen remates a modo de potenzada.
Medio pé (MP) 2 cordóns /
SDO ABBᴰ Dᴺ ... ... ANO DE 1787.
Pé 2 cordóns.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Combinación de badalo e dous electro-mazos interiores.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 30-10-2025
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Fecha actualización 30-10-2025