| Localización |
Espadana |
|---|
| Diámetro (en cm) |
55 |
|---|
| Peso aproximado (en quilogramos) |
96 |
|---|
| Fundidor | ANÓNIMO (GALICIA) |
|---|
| Descricion |
Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida por autor anónimo. Non puidemos olla-la data. Ten unha medida estimada duns 55 cm de diámetro. |
|---|
| Terzo (T) |
1 cordón /
(JHS MARIA Y) JOSEPH ANO DE 17?? ME FEZIT /
2 cordóns /
greca. |
|---|
| Medio (M) |
Presenta unha cruz cun pedestal de cinco chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior dunha estrela de seis puntas. Os brazos teñen remates de tres illas. Flanqueando ó pedestal dous cirios. Tres cravos rectos saen dos paos da cruz significando que Cristo está crucificado. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes. |
|---|
| Medio pé (MP) |
3 cordóns /
|
|---|
| Cepo |
Non ten. Pendurada no eixo varón. |
|---|
| Estado actual |
Conservación moi mala. O seu xugo está desaparecido e a campá está ladeada cara o pilar central. |
|---|
| Mecanismos de toque |
Badalo. |
|---|
| Valoración |
Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais. |
|---|
| Descrición (xerada por Ollama - IA local) |
A campá menor da Igrexa da María Madalena de Cerdeira (San Xoán do Río), construída polo ano 17?? por un autor anónimo, presenta características patrimoniais de interese. A campá, de fabricación local, está composta por un pedestal de cinco chanzos construído con selos cadrados e decoración estelar. Os brazos da cruz rematan en tres illas, e tres cravos rectos simbolizan a crucifixión. Tres cordóns cinguen a súa estrutura.
Actualmente, a campá presenta unha conservación moi mala, co seu xugo desaparecido e ladeada cara ao pilar central. A súa deterioración requere a incoación dun expediente para a súa inclusión no Inventario Xeral de Bens Mobles. A única opción de reparación é a soldadura, e en caso de rotura, a substitución por unha campá de distinta afinación é viable.
|
|---|
Autors da documentación- Moure, Xabier & TROIANO CARRIL, Xosé (Campás e reloxos monumentais de Gaalicia, Facebook) (07-11-2025)
|
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
10-11-2025 |
|---|
| 2 Fotos |
|---|