| Localización |
Torre-campanario |
|---|
| Diámetro (en cm) |
61 |
|---|
| Peso aproximado (en quilogramos) |
131 |
|---|
| Fundidor | RUIZ |
|---|
| Ano de fundición |
1900 |
|---|
| Descricion |
Campá menor pendurada do oco dereito da torre-campanario. Fundida en 1900 por Ruiz, de Castrelo do Val (Ourense).
|
|---|
| Hombreiro (H) |
4 cordóns. |
|---|
| Terzo (T) |
Greca triangular con decoración interior dunha estrela de oito puntas. /
2 cordóns /
JHS ⁎ MARIA ⁎ Y ⁎ JOSE ⁎ ANO ⁎ DE ⁎ 1900 ⁎ ⁎ ⁎ ⁎ /
2 cordóns /
greca triangular con decoración interior dunha estrela de oito puntas. |
|---|
| Medio (M) |
Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Dous cirios flanquean o pedestal. Os brazos teñen remates a modo de potenzada. Enriba da stipes unha cartela coas siglas INRI. Tres cravos rectos saen dos brazos da cruz significando que Cristo está Crucificado. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto inferior presenta a figura da Virxe da Mercé. |
|---|
| Medio pé (MP) |
3 cordóns /
greca triangular e inscrición: "⁎VIRGEN DE LAS MERCEDES⁎". A "V" está ó revés. |
|---|
| Pé |
Greca triangulas e inscrición: "⁎POR⁎RUIZ⁎" /
2 cordóns /
greca triangular con decoración interior dunha estrela de oito puntas. |
|---|
| Cepo |
Xugo de madeira. |
|---|
| Mecanismos de toque |
Combinación de badalo e electro-mazo interior. |
|---|
| Valoración |
Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación. |
|---|
| Instalación |
A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais. |
|---|
| Descrición (xerada por Ollama - IA local) |
A Campá Menor, situada na Igrexa e convento da Mercé de Verín, é unha obra patrimonial fundada por Ruiz por volta do ano 1900.
Estruturalmente, é unha cruz con pedestal de catro chanzos, decorados con catro estrelas de oito puntas. Os brazos da cruz presentan remates a modo de potenzada, e na súa parte superior, unha cartela con as siglas INRI. Tres cravos rectos saen dos brazos, simbolizando a Crucifixión, e tres cordóns descienden pola metade da stipes. No lado oposto inferior, figura a Virxe da Mercé.
As inscricións textuais son máis destacadas:
1. Greca triangular con decoración interior dunha estrela de oito puntas.
2. JHS MARIA Y JOSE ANO DE 1900.
3. Greca triangular e inscrición: VIRGEN DE LAS MERCEDES (con a "V" orientada ao revés).
A conservación da Campá é interesante, e a súa documentación permite a súa posible refundición en caso de rotura. |
|---|
Autors da documentación- HOMEDAPEDRA LOZANO RÚA, José Luís & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (18-03-2026)
|
| Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
|---|
| Actualización |
24-03-2026 |
|---|
| 13 Fotos |
|---|