(Referencia 27217)


Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 61
Peso aproximado (en quilogramos) 131
Fundidor RUIZ
Ano de fundición 1900
Descricion Campá menor pendurada do oco dereito da torre-campanario. Fundida en 1900 por Ruiz, de Castrelo do Val (Ourense).
Hombreiro (H) 4 cordóns.
Terzo (T) Greca triangular con decoración interior dunha estrela de oito puntas. /
2 cordóns /
JHS ⁎ MARIA ⁎ Y ⁎ JOSE ⁎ ANO ⁎ DE ⁎ 1900 ⁎ ⁎ ⁎ ⁎ /
2 cordóns /
greca triangular con decoración interior dunha estrela de oito puntas.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de catro chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Dous cirios flanquean o pedestal. Os brazos teñen remates a modo de potenzada. Enriba da stipes unha cartela coas siglas INRI. Tres cravos rectos saen dos brazos da cruz significando que Cristo está Crucificado. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto inferior presenta a figura da Virxe da Mercé.
Medio pé (MP) 3 cordóns /
greca triangular e inscrición: "⁎VIRGEN DE LAS MERCEDES⁎". A "V" está ó revés.
Pé Greca triangulas e inscrición: "⁎POR⁎RUIZ⁎" /
2 cordóns /
greca triangular con decoración interior dunha estrela de oito puntas.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Combinación de badalo e electro-mazo interior.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 24-03-2026
(Referencia 27216)


Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 64.5
Peso aproximado (en quilogramos) 155
Fundidor COMPAÑÍA DE ASTURIAS
Ano de fundición 1900
Descricion Campá mediana pendurada do oco esquerdo da torre-campanario. Fundida en 1900 pola "Compañía de Asturias" en La Felguera (Asturias).
Asas Asas decoradas.
Hombreiro (H) Cordón punteado /
Follas vexetais.
Terzo (T) 1 cordón /
COMPAÑIA DE ASTVRIAS I JAN. MDCCCC /
1 cordón.
Medio (M) greca vexetal /
1 cordón /
guirlanda vexetal /
2 cordóns /
cordón punteada /
2 cordóns.
Pé Greca xeométrica.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Combinación de badalo e electro-mazo interior.
Valoración Campá moi interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación aínda que se debería musealizala pola escasa cantidade de campás desta industria.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 24-03-2026
(Referencia 27215)


Localización Torre-campanario
Diámetro (en cm) 89
Peso aproximado (en quilogramos) 408
Fundidor CABRILLO MAYOR, JOSÉ
Ano de fundición 1925
Descricion Campá maior pendurada do oco frontal da torre-campanario. Fundida en 1925 por José Cabrillo, en Salamanca.
Terzo (T) 3 cordons /
SAN IGNACIO DE LOYOLA AÑO 1925 /
2 cordóns /
greca vexetal /
2 cordóns /
A LA MEMORIA DE D. MANUEL PELÁEZ 29-IX-1925. SIENDO SUPERIOR. ANTONIO RODRÍGUEZ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal e un Cristo Crucificado. Naa parte superior presenta unha guirlanda vexetal con motivos relixiosos.
No lado oposto presenta sinete ovalado coa inscrición: "JOSE CABRILLO MAYOR / PROVEEDOR DE LA REAL CASA / SALAMANCA".
Medio pé (MP) 10 cordóns.
Pé 1 cordón.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Combinación de badalo e electro-mazo interior.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 24-03-2026