Inventario de campás
Igrexa e convento da Mercé de Verín - VERÍN (GALICIA)
Referencia 15428
Rúa da Mercé, 16. Verín.
32600 VERÍN
Referencia 15428
Rúa da Mercé, 16. Verín.
32600 VERÍN

Descricion En 1557 trasladouse esta comunidade de mercedarios dende o castelo de Monterrei, fundada alí en 1486. Entre outros, aquí estivo Garcilaso de la Vega varios anos. No seu interior ten un claustro barroco do século XVIII pequeno e moi interesante. Un segundo claustro, máis moderno, é un campo deportivo para a escola que alí se asenta, antiguamente concello, e aínda antes cárcere. A igrexa ten bastante altura e ten unha cuberta a dúas augas, catro no presbiterio, feito con crucería no interior, todo sobre muros de boa sillería, moita reaproveitada da vella construcción do castelo. A fachada ten unha grande porta de arco de medio punto, enmarcada por dúas pilastras estriadas e adornadas por labras da orde da Mercé. Máis arriba ábrese unha gran fiestra alintelada e remata a fachada unha pequena espadana cun gran pináculo. Na parte dereita ten unha torre de estilo obradoiro, de tres corpos; o primeiro case cego salvo unha tronera, o segundo con catro ocos para o campanario e un balcón abalaustrado sobre pequenos canzorros, e o terceiro, redondo e rematado nunha falsa cúpula e unha cruz de ferro con veleta.
Campás 3 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 24-03-2026
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario | Menor | RUIZ | 1900 | 61.00 | 131 |
| Torre-campanario | Mediana. | COMPAÑÍA DE ASTURIAS | 1900 | 64.50 | 155 |
| Torre-campanario | SAN IGNACIO DE LOYOLA | CABRILLO MAYOR, JOSÉ | 1925 | 89.00 | 408 |