
Localización Espadana
Diámetro (en cm) 52
Altura do bronce 49
Peso aproximado (en quilogramos) 81
Fundidor RUIZ
Ano de fundición 1895
Descricion Campá menor pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1895 por Ruiz en Castrelo do Val, Ourense.
Hombreiro (H) 3 cordóns.
Terzo (T) 2 cordóns /
JHS ⁎ MARIA ⁎ Y ⁎ JOSE ⁎ ANO ⁎ DE ⁎ 1895 ⁎ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de dous chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior dun hexapétalo. Brazos con remates a modo de potenzada. Enriba da stipes presenta unha cartela coas siglas INRI. Ten tres cravos rectos significaando que Cristo está Crucificado. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes. Unha greca triangular cingue pegado ó cordón do medio pé e flanqueando ó pedestal.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
Pé 3 cordóns.
Cepo Xugo de madeira en mal estado.
Mecanismos de toque Badalo.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 01-04-2026
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Fecha actualización 01-04-2026