Igrexa de Santa María de Oimbra - OÍMBRA GALICIA

Campás actuais

Menor.

(Referencia 27238)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 52
Altura do bronce 49
Peso aproximado (en quilogramos) 81
FundidorRUIZ
Ano de fundición 1895
Descricion Campá menor pendurada do oco dereito da espadana. Fundida en 1895 por Ruiz en Castrelo do Val, Ourense.
Hombreiro (H) 3 cordóns.
Terzo (T) 2 cordóns /
JHS ⁎ MARIA ⁎ Y ⁎ JOSE ⁎ ANO ⁎ DE ⁎ 1895 ⁎ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de dous chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior dun hexapétalo. Brazos con remates a modo de potenzada. Enriba da stipes presenta unha cartela coas siglas INRI. Ten tres cravos rectos significaando que Cristo está Crucificado. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes. Unha greca triangular cingue pegado ó cordón do medio pé e flanqueando ó pedestal.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
3 cordóns.
Cepo Xugo de madeira en mal estado.
Mecanismos de toque Badalo.
Valoración Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • HOMEDAPEDRA LOZANO RÚA, José Luís & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (31-03-2026)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 01-04-2026
8 Fotos

Maior.

(Referencia 27237)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 65
Peso aproximado (en quilogramos) 159
FundidorANÓNIMO (GALICIA)
Ano de fundición 1796
Descricion Campá maior pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1796 por autor anónimo.
Terzo (T) 2 cordóns /
JHS ⁑⁑ SANTA ⁑⁑ MARIA ⁑⁑ DE ⁑⁑ OYNBRA ⁑⁑ ORA PRONOBIS ⁑⁑ ANO ⁑⁑ DE ⁑⁑ 1796 ⁑⁑ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz con pedestal. Brazos con remates en tres illas. Decoración interior de estrelas de oito puntas. No lado oposto presenta unha figura da Virxe María.
Medio pé (MP) 3 cordóns.
1 cordón.
Cepo Xugo de madeira en mal estado.
Mecanismos de toque Badalo.
Valoración Debe ser incoado expedente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remprazarse por outra campá de distinta afinación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • HOMEDAPEDRA LOZANO RÚA, José Luís & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (31-03-2026)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 01-04-2026
11 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 23-06-2026

    Connectats: 73 Visitants: 73 Usuaris: 0