

| | Data de construción |
Século XVI. |
|---|
| Descricion |
Igrexa do século XVI cunha capela lateral, encargada polos condes de Monterrei. A parede norte conserva intactos uns cantos canzorros románicos moi interesantes, e as escadas que hai a carón da entrada, pois a igrexa está na ladeira moi empinada dun castro, son de gran interés artístico. Ten unha nave rectangular con presbiterio máis alto e ancho que a nave. A cuberta é de tella cerámica a dúas augas, catro no presbiterio, e tres na capela lateral (capela dos condes) do muro sur, posterior á propia construción. A capela ten nas esquinas pilastras a modo de contrafortes rematadas en esbeltos pináculos, igual que as catro esquinas do presbiterio. A fachada ten unha porta que foi de arco apuntado, pero engadiúselle unha lumieira e agora está alintelada. Ten a media altura un lucernario rectangular e remata nunha espadana de dous ocos coroada cunha cruz de pedra e dous pináculos. |
|---|
| Campás |
2 campás. |
|---|
| AutorRÚA, Bruno (Patrimoniogalego.net) [https://patrimoniogalego.net/index.php/66591/2015/02/igrexa-parroquial-de-santa-maria-de-oimbra/] (15-02-2015) HOMEDAPEDRA LOZANO RÚA, José Luís / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (31-03-2026) |
|