Maior. - Igrexa de Santa María de Porqueira - PORQUEIRA (GALICIA)

(Referencia 27472)

Localización Espadana
Diámetro (en cm) 71.5
Bordo 68
Peso aproximado (en quilogramos) 212
FundidorCAGIGAL PEREDO, ANTONIO
Ano de fundición 1801
Descricion Campá maior pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1801 por Antonio de Cagigal Peredo en Ourense.
Terzo (T) 2 cordóns /
SANTA ⁑⁑ MARIA ⁑⁑ LAREAL ⁑⁑ DE ⁑⁑ PORqVERA ⁑⁑ ORAPRONOBIS ⁑⁑ ANO ⁑⁑ DE 1801 ⁑⁑ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de seis chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Dous cirios flanquean o pedestal. Os brazos teñen remates en tres illas romboideas. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes e esta, está cinguida por unha greca triangular. Tres cravos curvos saen dos paos da cruz significando que Cristo foi desencravado.
No lado oposto superior presenta unha figura da Virxe María.
Medio pé (MP) 2 cordóns /
YZOSE ⁑⁑ SIENDO⁑⁑ ABAD ⁑⁑ ELSEÑOR ⁑⁑ DON ⁑⁑ MANVEL ⁑⁑ qVIÑONES ⁑⁑ CAXIGAL ⁑⁑ MEFECIT ⁑⁑ /
2 cordóns.
3 cordóns.
Cepo Xugo de madeira en mal estado.
Mecanismos de toque Badalo cunha corda.
Valoración Debe ser incoado expediente para incluíla no Inventario Xeral de Bens Mobles. En caso de rotura só pode ser soldada. Pode remplazarse por outra campá de distinta afinación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

  • HOMEDAPEDRA LOZANO RÚA, José Luís & TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (19-05-2026)
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 20-05-2026
8 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 21-05-2026

    Connectats: 196 Visitants: 196 Usuaris: 0