
Localització Espadana
Diàmetre (en cm) 110
Pes aproximat (en quilos) 771
Fonedor OCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA)
Any fosa 1910
Descripció Campá maior pendurada do oco central da espadana. Fundida en 1910 por Melchor Ocampo en Arcos da Condesa, Caldas de Reis (Pontevedra). Ten unha medida estimada duns 110 cm de diámetro.
No terzo ten a inscrición: "DEUS SAͶTUS DEUS FORTIS DEUS IͶMORTALIS MISEREREͶOBIS" que quere dicir (Santo Deus, Santo forte, Santo inmortal, ten piedade de nós). Esta frase pertence ó “Trisagio” que aparece na Liturxia do Venres Santo. É unha extensión do encomio a YAHVEH que atopamos en Isaias 6.3 e no Apocalipse 4.8. Esta oración aparece por primeira vez nun escrito do patriarca Proclo (436 – 446): estes foron os anos en que comezaron as herexías. Segundo o dicionario da Real Academia Española, coñécese como o Trisagio a todos os himnos en honra a Santísima Trinidade na que se repite tres veces a palabra “santo”.
Terç (T) Greca /
2 cordóns /
DEUS SAͶTUS DEUS FORTIS DEUS IͶMORTALIS MISEREREͶOBIS /
2 cordóns.
Mig (M) Presenta unha cruz cun pedestal de cinco chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior de catro estrelas de oito puntas. Os brazos teñen remates flamexados. O pedestal e a stipes está cinguida por unha greca. Tres cordóns cinguen pola metade da stipes.
No lado oposto inferior, dentro dunha figura trapezoidal cinguida por unha greca, presenta a inscrición: "MELCHOR OCAMPO / ME HIZO EͶ ARCOS / DE LA COͶDESA⁎ / SIEͶDO RECTOR EL / LIC DͶ FRAͶCISCO DE / CASTRO QUEIRUGA⁎ DE / SAͶTA MARIA LA MAYOR / DE POͶTEVEDRA EL AͶO DE / 1910".
Mig peu (MP) 4 cordóns.
Truja Xugo de madeira.
Mecanismes de toc Combinación de badalo cunha corda e electro-mazo interior.
Valoració Campá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instal·lació A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.
Editor de la fitxa TROIANO CARRIL, Xosé
Actualització 17-06-2026