
Localización Espadana
Diámetro (en cm) 42
Peso aproximado (en quilogramos) 43
Fundidor LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO)
Ano de fundición 1906
Descricion Campá menor pendurada do oco esquerdo da espadana. Fundida en 1906 por José Liste en San Pedro de Orazo, A Estrada (Pontevedra).
Terzo (T) 2 cordón /
IHS MARIA Y JOSE AͶO DE 1906 ѧ /
2 cordóns.
Medio (M) Presenta unha cruz cun pedestal de tres chanzos feitos a base de selos cadrados con decoración interior vexetal e xeométrico. Os brazos teñen remates a modo de potenzada. Dous cordóns cinguen polo comezo da stipes.
Medio pé (MP) 2 cordóns /
ѧ FUͶDIDA POR J. LISTE EͶ ORAZO ѧ /
2 cordóns.
Pé 1 cordón.
Cepo Xugo de madeira.
Mecanismos de toque Badalo.
Valoración Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 21-06-2026
Editor TROIANO CARRIL, Xosé
Fecha actualización 21-06-2026