Maior. - Igrexa de San Paio da Estrada A ESTRADA (GALICIA)

Maior. - Igrexa de San Paio da Estrada - A ESTRADA (GALICIA)

(Referencia 27608)
LocalizaciónTorre-campanario
Diámetro (en cm)78
Altura do bronce80
Peso aproximado (en quilogramos)275
FundidorDE LA VEGA CAMPO, JUAN MANUEL (1743-1817)
Ano de fundición1818
DescricionCampá maior pendurada no oco dereito frontal da torre-campanario. Fundida en 1818 por Juan Manuel de la Vega en San Pedro de Orazo, A Estrada (Pontevedra). Aínda que o mestre fundidor finou en 1817, déronse casos de que os mestres facían lotes de campás a maiores. este debeu ser un caso, pois ten a data un ano despois do seu falecemento.
Terzo (T)Greca /
2 cordóns /
⁎JHS M⁎ᴬ JPH Sᵀᴬ⁎ Bᴿᴬ ⁎ … ⁎ 1 ⁎ 8 ⁎ 18 ⁎ /
2 cordóns /
greca triangular cos vértices cara abaixo.
Medio (M)Presenta unha cruz con pedestal de tres chanzos e brazos lanceolados. Ten tres cravos curvos, significando que Cristo foi desencravado. Dous cordóns cinguen pola metade da stipes.
Medio pé (MP)2 cordóns /
⁎ ECCE ⁎ CRUCEM ⁎ DOMINE ⁎ FUGITE ⁎ PARTES ⁎ ADVERSAE ⁎ LEO ⁎ DE TRIBU⁎ IUDA⁎ RADIX ⁎ DAVID ⁎ ALLELUIA ⁎ /
3 cordóns.
2 cordóns.
CepoXugo de madeira.
Mecanismos de toqueCombinación de badalo cunha corda e electro-mazo exterior.
ValoraciónCampá interesante. Pódese refundir en caso de rotura trala súa documentación.
InstalaciónA instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridade e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducilos toques tradicionais e permitilos toques manuais.

Autors da documentación

  • TROIANO CARRIL, Xosé & TÚÑEZ TANOIRA, Pedro Daniel/ CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (26-06-2026)
Editor da fichaTROIANO CARRIL, Xosé
Actualización29-06-2026
6 Fotos
  • Ficha reducida (PDF)