San Luis (6) - Catedral do Apóstolo Santiago SANTIAGO DE COMPOSTELA (GALICIA)

San Luis (6) - Catedral do Apóstolo Santiago - SANTIAGO DE COMPOSTELA (GALICIA)

(Referencia 4923)

Localización Torre das campás

Diámetro (en cm) 147

Altura do bronce 105

Bordo 12

Peso aproximado (en quilogramos) 1204

Fundidor VÉLEZ DE PALACIO, JUAN

Ano de fundición 1675

Descricion Na parte superior di en latín e en español "SANTAMARIA ✱ SALOMEI ✱ ORAPRONOBIS ✱ SIENDOARCOBISPO ✱ ELSDONANDRESXIRON ✱ YFABRIQVEROELCANONYGO ✱ IOSEPH ✱ DEVEGA ✱ BERDVGO ✱ ANODEI67S ✱ " que hoxe escribiriamos en latín "SANCTA MARIA SALOME ORA PRO NOBIS" é dicir SANTA MARÍA SALOMÉ ROGA POR NÓS. O resto de inscripción sería actualmente SIENDO ARZOBISPO EL SEÑOR DON ANDRES GIRON Y FABRIQUERO EL CANONIGO JOSE DE VEGA BERDUGO. AÑO DE 1675. Andrés GIRÓN foi arcebispo de Santiago entre 1670 e 1681.
Hai unha pequena cruz grega á dereita, que debería estar no interior da torre, e unha gran cruz con pedestal e tres clavos, rodeada doutras cruces menores á esquerda, que debería figurar ao exterior.
Non se indica o nome do fundidor da campá.

Terzo (T) (2 cordóns) /
"SANTAMARIA ✱ SALOMEI ✱ ORAPRONOBIS ✱ SIENDOARCOBISPO ✱ ELSDONANDRESXIRON ✱ YFABRIQVEROELCANONYGO ✱ IOSEPH ✱ DEVEGA ✱ BERDVGO ✱ ANODEI67S ✱ " /
(2 cordóns)

Medio (M) (03) (Cruz grega pequena)
(09) (Cruz con pedestal, tres cravos e dúas cruces pequenas aos lados do pedestal - Unha e tres cruces pequenas por encima)

Medio pé (MP) (3 cordóns)

(Cordón)

Prima Do 4 +00

Hum Sol 2 +00

Terceira Fa# 4 -37

Oitava Do 5 -07

Toques tradicionais de campás Esta campá naceu como "Santa María Salomé" cando se fundíu. Trocouse de nome e hoxe chámase "San Luís" por motivos descoñecidos. Participaba no toque de defuntos simple e o toque de defuntos solemne.

Toques actuais de campás Toques automáticos de festa e de defuntos

Cepo Madeira

Estado actual Defectos de fundición nos ombreiros.
A campá foi virada un cuarto de volta, sen que existan causas de desgastar que o motiven.
Soporte moderno e barra antiga de reforzamento do cepo.
Conserva o badalo, terminado en ollal, que foi cortado, pasado pola asa badaleira e volto a soldar; dese modo pega demasiado alto, con perigo de rotura da campá.
O cepo e as asas da campá foron recubertos de fibra de vidro pintada de verde, seguramente para protexelo. A medio prazo destruirá de xeito irremediable o conxunto de madeira e ferro.
A campá ten diversos grafitos: letras maiúsculas, probablemente iniciais de campaneiros: "J L", "José A. / Puente / M J28-I-54." O día 28 de xaneiro de 1954 foi xoves. "Flor", "RM".
En 2014 o electromazo ten pintado o número 2. Está demasiado próximo á campá. O eixe do electromazo está saído do seu sitio.

Mecanismos de toque Electromazo monofásico exterior de dobre bobina; electromazo trifásico interior

Protección Protección xenérica ao atoparse nun BIC declarado. No entanto debería incoarse expediente para declarala Ben Moble de Interese Cultural.

Valoración En caso de rotura soamente pode ser soldada. Pode ser remplazada por unha réplica.

Instalación A instalación é tradicional e debe ser conservada para protexer a sonoridad e outros valores culturais. Calquera mecanización deberá conservar estas calidades, reproducir os toques tradicionais e permitir os toques manuais.

Autors da documentación

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 17-11-2025


91 Fotos

  • Ficha reducida (PDF)
  • Autores de la documentación

    Editor TROIANO CARRIL, Xosé

    Fecha actualización 17-11-2025


    91 fotos

  • Ficha reducida (PDF)