Inventario de campás
Igrexa de Santa María de Nebra - PORTO DO SON (GALICIA)
Referencia 11198
Calle Nebra, 0 S/N
15970 PORTO DO SON
Referencia 11198
Calle Nebra, 0 S/N
15970 PORTO DO SON



Descricion Igrexa parroquial do século XVIII feita a base de perpiaño granítico. Posúe planta de cruz latina, con modificacións posteriores no que se lle engadiron as capelas laterais comunicadas tamén co brazo transversal. As naves están cubertas con bóveda de canón sobre arcos faixóns de medio punto e bóveda de aresta no cruceiro. Os muros son de carga, de cantería de granito, interrompida no interior por arcos de medio punto para acceder ás capelas laterais, de planta cadrada e reducido tamaño. Ós pés da nave principal, encontramos un coro de madeira. A capela maior, do mesmo ancho que a nave principal, e cuberta con bóveda de canón, ten pegada no lateral norte unha pequena sancristía dunha altura bastante menor co resto do templo. No muro lateral dereito da nave existe outra porta de acceso.
Na fachada principal destacan dous elementos: un frontón triangular partido, cunha fornela dentro do tímpano e enriba da porta unha xanela con derrame interno, e a torre-campanario situada no lateral esquerdo, de sección cadrada e formada por tres corpos superpostos, liso o primeiro; o corpo das campás con decoración barroca de pilastras acanaladas e placas cornixas e pináculos; e o remate en cupuliña semiesférica sobre tambor octogonal, rematado cun pináculo no cume.
Esta igrexa foi construída sobre outra anterior. A súa construción realizouse entre os anos 1799 e 1800 sobre os planos de José Cachafeiro. O seu prezo final foi de 9000 reais.
Campás 3 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 07-03-2026
| Autor | Título | Data | |
|---|---|---|---|
| TROIANO CARRIL, Xosé | Igrexa de Santa María de Nebra (Porto do Son, A Coruña) | 2022 |
| Persoa | Vídeo | Data | Duración |
|---|---|---|---|
| PAZOS VIDAL, DAMIÁN (NEBRA) | Repenique de campás | 23-08-2021 | 01:46 |
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Sala de campás | Campá menor (1) | LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO) | 1899 | 68.00 | 182 |
| Sala de campás | Campá mediana (2) | PALACIO, DÁMASO | 1856 | 69.00 | 190 |
| Sala de campás | Campá maior (3) | BLANCO RUCABADO, FRANCISCO ANTONIO | 1806 | 75.00 | 244 |