Inventario de campás
Igrexa parroquial de San Xosé - ARES (GALICIA)
Referencia 11297
Praza da Igrexa
15624 ARES
Referencia 11297
Praza da Igrexa
15624 ARES


Data de construción Seculos XVIII-XIX.
Descricion Consta de tres naves e varias capelas. A nave principal consta de tres tramos enmarcados por senllos arcos faixóns e formeiros que encerran no seu interior unhas amplas bóvedas de aresta. Foi edificada en 1721 e en 1868 polo cardeal arcebispo García Cuesta, quen a designou igrexa matriz, quedando Santa Baia anexa a ela. O edificio foi remodelado polo arquitecto Xulio Galán Carvajal a principios do século XX. Consta dunha planta rectangular con tres naves e presbiterio cadrado, co corpo rectangular precedente. A sancristía sitúase no muro setentrional do presbiterio e o seu acceso faise a través dunha porta aberta no muro do leste. A cuberta é a dúas augas, de tella curva. No lateral esquerdo engadíuselle unha torre campanario moi sinxela. A súa campá pertencío ó mosteiro de Santa Catarina de Montefaro.
Campás 2 campás na espadana. A campá da torre do reloxo pertencía o mosteiro de Santa Catarina de Montefaro.
| Autor | Título | Data | |
|---|---|---|---|
| LÓPEZ, Carmela | Un septuagenario lleva al juzgado al Concello de Ares por un reloj que no le deja dormir | 2021 |
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 06-07-2022
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Campá pequena (1) | CAGIGAL PEREDO, JOAQUÍN DE | 1827 | 55.00 | 96 |
| Espadana | Campá grande (2) | DE LA SOTA LÓPEZ, JUAN MARÍA | 1879 | 80.00 | 296 |
| Torre do reloxo | Campá do reloxo (A) | CAGIGAL PEREDO, JOAQUÍN DE | 1827 | 85.00 | 356 |