| Data de construción |
Século XIX. |
---|
Descricion |
Comezan as obras de este templo ao redor de 1880, sendo a fachada coa súa elegante torre a primeira parte que se leva a cabo. Dos anos 1832 a 35 construíronse o presbiterio e a sancristía. Por último erguéronse as capelas laterais, e o corpo da nave.
Ten planta de cruz latina, coa capela maior cadrada, cuberta con bóveda de canón con lunetos, mentres que o cruceiro, con arcos faxóns de medio punto sobre pilastras de orde toscana, conta con bóveda de aresta. A parte máis importante é a fachada, sobre a que se ergue a torre do campanario, da escola de Simón Rodríguez . Na fornela-fiestra de enriba da porta podemos ver una imaxe da Asunción da Virxe, labrada en 1784 polo escultor Antonio Fabeiro. O retablo da capela maior é neoclásico, tallado despois de rematarse as obras. |
---|
Campás |
2 campás. |
---|
AutorVIEITES, Elixio / PATRIMONIOGALEGO.NET (02-02-2012) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (16-09-2024) |
|