Igrexa de Santa María de Labrada - GUITIRIZ (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santa María de Labrada - GUITIRIZ (GALICIA)

Referencia 11811

Lugar Penas, 3
27307 GUITIRIZ


Descricion igrexa de orixe románica da que somente quedan orixinais algúns restos de muro. A igrexa foi refeita nos séculos XVII e XVIII. Unha nave con muros de cantería labrada, arco triunfal, capela maior de cachotería e sacristía detrás dela. Conserva o pavimento de pedra e o teito é de artesoado de madeira. No muro lateral dereito está a porta da construción primitiva, leva lintel con tres pequenas cruces no exterior e arco de medio punto no interior. No interior, conserva unhas pinturas murais datadas do século XV, unha auténtica obra de arte merecedora dunha visita.
A fachada principal do século XVIII, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, coa porta principal rectangular alintelada. Sobre o ingreso unha pequena xanela rectangular abucinada e, enriba desta, unha pequena fornela cunha imaxe da Virxe en pedra. Rompendo o vértice da fachada, unha base para unha espadana de dous corpos franqueado por dous pináculos moldurados e rematado con bóla. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moi moldurados e serve para aloxa-las dúas campás. O segundo corpo sobre cornixa, un frontón triangular curvo cun oco circular central, franqueado por dous pináculos bóla. Remata o conxunto un acroterio sobre o frontón cun pináculo con bóla. Enriba da sancristía ten unha pequena espadana dun corpo na que vai aloxada unha campá.

Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (02-06-2021)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (08-06-2022)
  • 10 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 01-05-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaCampá pequena (1)DE LINARES ORTIZ, CONSTANTINO (CARABANCHEL BAJO)191863.00145
    EspadanaCampá grande (2)DE LINARES ORTIZ, CONSTANTINO (CARABANCHEL BAJO)191877.00264