Inventario de campás
Igrexa de Santiago de Arcos - MAZARICOS (GALICIA)
Referencia 11827
Referencia 11827

Data de construción Século XIX.
Descricion Situada ós pés do Monte Pindo, a igrexa de Santiago de Arcos está ubicada sobre un vello castro. Este templo é de cruz latina a que se lle engadiu a sancristía nun lateral da cabeceira. A construción realízase a base de muros de cantería na fachada principal, mentres que a cachotería emprégase no resto da edificación. A nave cóbrese con cuberta a dúas augas, mentres que o cruceiro e a ábsida presenta tellado a tres augas.
A fachada constitúe o elemento máis destacado de todo o conxunto. O acceso ó interior do templo faise mediante un pórtico lixeiramente recuado, formado por un arco de medio punto peraltado e abovedado no seu interior. Sobre o lintel da porta de acceso aparece unha estatua de San Pedro coa chave na man, ó contrario do que é usual xa que no seu lugar tería que aparece-la imaxe do santo titular.
A decoración concéntrase na parte elevada, que crea sensación de inestabilidade, especialmente o campanario, de planta cadrada con dous corpos. O segundo deles desenvolve toda a gramática decorativa compostelá cribada polo saber facer dos canteiros campesiños.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 28-07-2022
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario | Campá menor (1) | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1944 | 75.00 | 244 |
| Torre-campanario | Campá maior (2) | OCAMPO, JUAN (ARCOS DA CONDESA) | 1944 | 97.00 | 528 |