(Referencia: 11848) |
---|
Lugar da Penagrande, 21. 36668 MORAÑA |
| Descricion |
Igrexa de planta de cruz latina dunha nave. Capela rectangular está cuberta con bóveda de crucería dunha clave e os nervos descansan en ménsulas. O Arco triunfal de medio punto descansa sobre pilastra cadrada e un muro cuberto por bóveda de crucería. Presenta brazos de medio canon transversal e nave e arcos faixóns de medio punto sobre pilastras. Liña imposta que percorre toda a nave. Sancristía con bóveda de medio canón.
O seu frontal é exemplo do estilo imperante na zona no século XVIII, mostra do fino traballo dos mestres canteiros locais. Na fachada principal conta cunha torre-campanario á dereita, de tres corpos e destaca a porta de acceso principal con arco de medio punto. Sobre o ingreso unha fornela coa figura de San Martiño.
Presenta muros de cadeirado de granito. A cuberta é de tella a dúas augas e no seu interior garda unha cruz de prata de principios de século XVIII, obra do prateiro compostelán Domingo Trianes.
|
---|
Campás |
2 campás. |
---|
AutorPXOM de Moraña (03-08-2001) TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (FACEBOOK) (03-01-2024) |
|
Bibliografía (Pódese ordenar por calquera dos campos) |
|
2 Fotos |
---|
|
---|
Editor da ficha |
TROIANO CARRIL, Xosé |
---|
Actualización |
05-01-2024 |
---|