Inventario de campás
Igrexa de San Pedro de Filgueira - CRECENTE (GALICIA)
Referencia 11866
Lugar do Rego, 9.
36490 CRECENTE
Referencia 11866
Lugar do Rego, 9.
36490 CRECENTE
Data de construción Séculos XVII-XVIII
Descricion Edificada no século XVII-XVIII con axuda das pedras procedentes da antiga capela de San Colmede (antigo anexo de Filgueira) no lugar no que se situaba a ermida de San Antonio, posúe unha inscrición na fachada exterior coa data "1723".
Sitúase esta igrexa parroquial nun recinto de interese polo conxunto de elementos que o forman, destacando de xeito relevante o cruceiro, un tipo singular pola súa base e tratamento do fuste.
Presenta unha portada con arco alintelado, flanqueada por pilastras que rematan cun frontón triangular. Sobre el, ventá e espadana central de dobre van. A fachada enmárcase con pilastras rematadas en pináculos. Os muros presentan tres contrafortes e un viacrucis formado por catorce cruces talladas en baixorrelevo ao longo de todo o seu perímetro. A ábsida destácase en altura con cornixa moldurada en gola.
No interior, a ábsida presenta unha bóveda de aresta. Posúe a igrexa, un arco triunfal de medio punto sobre pilastras. A nave presenta bóveda de canón dividida en catro tramos por arcos de medio punto sobre pilastras.
Campás 3 campás.
| Autor | Título | Data | |
|---|---|---|---|
| FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao | Don Antón Fraguas e a Igrexa de Xanza (Valga - Pontevedra) | 2019 |
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 08-01-2025
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Campá | DE LA VEGA OTERO, FRANCISCO ANTONIO (VALLE DE HOZ, CANTABRIA) | 1736 | 0.00 |