Inventario de campás
San Mamede de Suevos - A BAÑA (GALICIA)
Referencia 11927
Lugar da Cruz
15862 A BAÑA
Referencia 11927
Lugar da Cruz
15862 A BAÑA

Data de construción Séculos XVIII-XIX.
Descricion A igrexa comezou a construírse no 1767, e completaríase no S XIX coa sancristía. De estilo neoclásico, é de planta rectangular con tellado a dúas augas con tella. A fachada principal é de forma pentagonal, coa porta central e unha pequena fiestra a media altura. Na parte alta central érguese a espadana, cunha cornixa sobre a que van dous arcos de medio punto con cadansúa campá, e enriba outra cornixa sobre a que se asenta un triángulo cos dous laterais cóncavos e tres pináculos nos ángulos, ademais da cruz metálico no superior. Os muros laterais están caleados.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 12-07-2022
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Campá menor (2) | OCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA) | 1906 | 60.00 | 125 |
| Espadana | Campá maior (1) | OCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA) | 1909 | 70.00 | 199 |