Inventario de campás
Igrexa de San Salvador de Sarria - SARRIA (GALICIA)
Referencia 12005
Rúa do castelo, 7.
27600 SARRIA
Referencia 12005
Rúa do castelo, 7.
27600 SARRIA

Data de construción Século XIII.
Descricion A Igrexa de San Salvador de Sarria está datada no século XIII. Construída en cantaría, consta dunha nave rectangular, con teitume de madeira con cuberta a dúas augas e ábsida semicircular. Encadrada no gótico primitivo, presenta na fachada norte un Pantocrátor de trazado arcaizante.
A espadana é unha obra posterior, concretamente do 1860, feita polo construtor sarriao Francisco Castiñeira.
Contén algún elemento románico, ademais de arcos e portas góticas, A ábsida é de traza románica de transición, con tramo rectangular e cabeceira semicircular, con bóveda de canón e cuarto de esfera, respectivamente.
No frontispicio ten unha porta gótica, e no muro norte ábrese unha porta de transición con elementos arcaizantes. Esta ten arco lixeiramente apuntado, formado por arquivolta de baquetonilla, chapiteis con follas e bastóns e unha cabeza humana. No tímpano vese, para uns autores a figura de Cristo en Maxestade, e para outros a de Melquisedec, e mesmo a do rei David, en actitude de bendecir, con inxenuos trazos, no medio de árbores esquematizadas, rematados por unha cruz grega (cruces inscritas en círculos); os canzorros da parte norte representan cabezas humanas, rolos, rosetas e puntas de cravo. Nesta fachada hai numerosos signos lapidarios. Son notables as ferraxes ornamentais, tamén de época medieval, existentes na porta norte.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 14-07-2022
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Campá menor (2) | 1787 | 55.00 | 96 | |
| Espadana | Campá maior (1) | BLANCO PALACIOS, ANTONIO (MONDOÑEDO) | 1885 | 65.00 | 159 |