Inventario de campás
Capela do Carme do Casal - BERGONDO (GALICIA)
Referencia 12083
Lugar Aldea Arriba, 7. O Casal. Santa Marta de Babío.
15165 BERGONDO
Referencia 12083
Lugar Aldea Arriba, 7. O Casal. Santa Marta de Babío.
15165 BERGONDO

Descricion Capela de planta rectangular cunha soa nave, cun pequeno engadido que funciona como sancristía no muro oriental. Os seus muros son de carga, e aparecen revocados e pintados de branco, agás as pezas de cantería que aparecen recercando os ocos e a espadana. A cuberta da nave é a dúas augas con cubrición de tella curva do país.
A fachada de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso alintelada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular e rompendo o vértice da fachada, unha base para espadana de dous corpos. O primeiro formado por un arco de medio punto que descansa sobre piares e serve para aloxa-la campá. O segundo un frontón piramidal cun oco circular no medio e rematado cunha cruz de forxa.
Campás 1 campá.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 19-07-2022
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Única | FUNDICIONES JAIME GÓMEZ | 1985 | 50.00 | 72 |