San Martiño de Bravío - BETANZOS (GALICIA)

Inventario de campás

San Martiño de Bravío - BETANZOS (GALICIA)

Referencia 12091


Web

Data de construción Século X-XII

Descricion Igrexa típica do estilo rural galego. Atribúeselle unha cronoloxía do século XII a todo o conxunto (menos a fachada, posterior) aínda que hai referencias textuais da súa existencia xa no Século X.
Edificio sinxelo, dunha soa nave cuberta de bóveda de canón, arcos apuntados e ábsida rectangular. a súa fábrica é de sillería de granito.

A súa portada é de doble arco apuntado. Na parte inferior do timpano, que é liso, vense restos dunha inscripción ilexible, sobre dúas mochetas coa representación do bon pastor. Sobre a ventá de aristas rebaixada ten unha espadaña de dous vanos, que coroa a fachada frontal.
Na fachada lateral dereita ten dous estribos e dous canecillos xeométricos. Tiña tamén un corpo adosado que foi eliminado na última restauración. Na cabeceira ten dous estribos e canecillos de rollo.
Na fachada lateral esquerda volve a presentar dous estribos e canecillos con figuras humanas.

No interior destaca o arco de entrada ao presbiterio, de medio punto dobre, con decoración de billetes entre as dúas ringleiras de dovelas. Apoyase o arco en dúas columnas adosadas, de capiteis con follas de acanto rematadas en bocas, e entre o capitel e o fuste, un sogueado.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 21-07-2022

4 Fotos

Autor
  • Patrimoniogalego.net (ABELLA, David) (17-09-2011)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaCampá menorLISTE PEREIRAS, JUAN (PARROQUIA DE ORAZO)189655.0096
    EspadanaCampá maiorLISTE PEREIRAS, JUAN (PARROQUIA DE ORAZO)189665.00159