Inventario de campás

Capela de San Pedro do Allo - ZAS (GALICIA)

(Referencia: 12105)
Lugar do Allo, 2.
15851 ZAS


Descricion O fidalgo Don Gómez de Rioboo Vilardefrancos, o vello, señor das Torres do Allo, mandou construír esta igrexa renacentista, de planta de salón, situada diante do pazo. Posúe pequenas dimensións, pois organízase nunha soa nave cunha capela maior rectangular, cuberta cunha bóveda de canón corrida. Apegada ao muro norte, a sancristía, desde a que é posíbel o acceso a un púlpito, situado tamén na parte setentrional. A bóveda da sancristía é nervada, dividida en dous tramos. A nave, máis ancha, estivo na súa orixe abovedada, aínda que actualmente presenta cuberta de madeira. Un arco triunfal de medio punto permite o acceso á nave. Este arco voltéase sobre pilastras. A tribuna de madeira está no último tramo da nave, asentada sobre catro pés situados nos muros norte e sur. O acceso realízase por unha escaleira de pedra. A portada constitúe un elemento moi singular do conxunto, xa que se compón como un gran retablo, cun corpo único dividido en tres panos.
O pano central, máis ancho que os laterais, alberga a porta principal alintelada. As laterais flanquéanse mediante dous pares de columnas sobre plintos. Nos intercolumnios e coroando a parte central, albérgase o programa iconográfico humanista: Adán e Eva, alusións ao Pecado e a Humanidade; San Gabriel e a Virxe María; San Pedro e, sobre a porta sur, outro relevo que representa ao evanxelista Pablo. Acaroada ao muro sur atopámola espadana, realizada no século XVIII.
Campás 1 campá.
Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (07-10-2011)
  • MOCHY NOCHE / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (04-01-2022)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
    Actualización 07-01-2023

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaCampáOCAMPO (ARCOS DA CONDESA)197665159

  • Ficha reducida (PDF)
  • ZAS: Campás, campaneiros e toques
  • Francesc LLOP i BAYO; Francesc Xavier MARTÍN NOGUERA Metodologia dels inventaris de campanes (1998)
  • Volver á páxina anterior
  • Menú inicial CAMPANERS DE LA CATEDRAL DE VALÈNCIA
    Campaners de la Catedral de València
    © Campaners de la Catedral de València (2026)
    campanerscatedralvalencia@gmail.com
    Actualización: 15-05-2026

    Connectats: 89 Visitants: 89 Usuaris: 0