Inventario de campás
Igrexa de San Xián de Soñeiro - SADA (GALICIA)
Referencia 12113
Campo de Sar, 26
15168 SADA
Referencia 12113
Campo de Sar, 26
15168 SADA

Descricion Igrexa parroquial de planta rectangular cunha soa nave e cabeceira recta. Posúe uns volumes acaroados todo ó longo do muro norte, con menor altura que a nave principal. A cubrición resólvese a dúas augas, a prolongación do aleiro cobre os volumes laterais, con tella cerámica plana. A estrutura resólvese mediante muros de carga de cachotería enfuscada e pintada de branco, con cantería á vista en esquinais e ocos. Consta dunha porta e dúas xanelas rectangulares no muro lateral norte da nave. O testeiro posúe cornixa de cantería con dous pináculos moi ornamentados rematando os esquinais tamén de cantería e cruz de pedra central.
A fachada principal segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de acceso rectangular alintelada cunha moldura superior coa forma dun arco de medio punto. Sobre o ingreso atópase unha xanela rectangular cun balcón de pedra e balaustrada de forxa. Rompendo o vértice do pentágono unha base para unha espadana de dous corpos franqueado nos esquinais por pináculos moi moldurados rematados en bóla. Ademais consta dunhas volutas espirais que unifican a cornixa curvilínea. O primeiro corpo da espadana está formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e que serven pra aloxa-las dúas campás elaboradas en Orazo (A Estrada). O segundo corpo un frontón triangular curvo cun oco circular e rematado por un pináculo e unha cruz de forxa.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 21-04-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Campá pequena (1) | PALACIO; LISTE (CASTROVITE) (PARROQUIA DE ORAZO) | 1861 | 0.00 | |
| Espadana | Campá grande (2) | PALACIO; LISTE (CASTROVITE) (PARROQUIA DE ORAZO) | 1862 | 65.00 | 159 |