San Mamede de Laraxe - CABANAS (GALICIA)

Inventario de campás

San Mamede de Laraxe - CABANAS (GALICIA)

Referencia 12124


Web

Data de construción Século XVII.

Descricion Igrexa do século XVII, que na súa orixe foi de estilo gótico. Planta rectangular. A nave está dividida en tres tramos, cubertos con bóvedas de arestas reforzados por arcos faixóns de medio punto. O espazo do presbiterio está delimitado por un arco triunfal semicircular. Conta con interesantes retablos de características historicistas. A fachada principal, con tres corpos, agrupa a ornamentación. No corpo central superpóñense a porta de entrada, alintelada e enmarcada por unha moldura cóncava, un pequeno oco para iluminación e, rompendo a cornixa, a base da espadaña dobre, rematada en pináculos.

No seu interior podemos observar distintos estilos, como no altar maior de estilo renacentista provinciano ou no retablo de estilo historicista. O altar maior foi encargado a Alonso Boceto de la Fuente, de Pontedeume, o 4 de maio de 1626, quen puido ser o autor dos restos de pintura que hai detrás deste.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 28-07-2022

2 Fotos

Autor
  • www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (28-07-2022)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaCampá menor.PALACIO; LISTE (CASTROVITE) (PARROQUIA DE ORAZO)186265.00159
    EspadanaCampá maior.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)194080.00296