Inventario de campás
Colexio Apóstolo Santiago dos Xesuitas de Vigo - VIGO (GALICIA)
Referencia 12156
Rúa de Sanjurjo Badía, 79.
36207 VIGO
Referencia 12156
Rúa de Sanjurjo Badía, 79.
36207 VIGO

Data de construción Século XX.
Descricion Con 150 anos de existencia, o Colexio Apóstolo Santiago é o principal centro educativo da cidade de Vigo. Está ubicado na finca de Bellavista, na que leva instalado dende 1916. Anteriormente o colexio estivo ubicado en A Guarda (Camposancos) e o seu nacemento tivo lugar na freguesía coruñesa de Ancéis en 1872.
O Colexio aspira a ser unha Comunidade Educativa Cristiá ó servizo de Galicia que actualmente forman preto de 1.600 alumnos, dende os primeiros niveis de infantil ata bacharelato.
Ocupa un amplo recinto de 50.000 m2 con catro edificios: xunto á igrexa, o primitivo, que hoxe alberga dende Primaria ata Educación Secundaria; o «pabellón do bosque» tradicionalmente de BUP, en onde estudan os dous cursos do bacharelato e 4º de ESO; e o da entrada principal: recepción, secretaría e administración, biblioteca, salón de actos, comedor, e nos andares superiores ten a súa residencia a comunidade de xesuitas.
O Colexio tamén exténdese en diferentes campos deportivos e uns 4.000 m2 de bosque con especies arbóreas verdadeiramente notábeis. Todo o conxunto aséntase na populosa barriada de Teis, xunto á igrexa parroquial, rexentada asemesmo pola Compañía de Xesús.
Campás 1 campá.
Toques tradicionais de campás Tocaba para indicar o remate do recreo e o comenzo das clases.
Toques actuais de campás Non se toca.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 01-08-2022
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Patio de recreo | Campá do patio de recreo | VILLANUEVA SÁENZ, FERNANDO | 1963 | 41.00 | 40 |