| Data de construción |
Séculos XI e XVIII |
---|
Descricion |
Igrexa de orixe románica do século XI (ano 1040). Na súa planta rectangular desenvolve unha única nave rematada nunha bóveda semicircular. A ábsida semicircular, perfectamente restaurada, é unha das pezas máis interesante do pequeno templo. Pola súa banda, no exterior o ornato concéntrase na fachada principal, que foi remodelada no século XVIII segundo canons barrocos. Posúe unha espadana de dous corpos, o primeiro composto por tres machóns que orixinan os ocos onde se colocan as campás e un segundo formado por un corpo central flanqueado por pináculos. Interior sobrio caracterizado polos seus muros esculpidos de forma irregular. Chama a atención a pía bautismal, de características románicas. |
---|
AutorMOURE, Xabier (Patrimoniogalego.net) (06-12-2016) Campás e reloxos monumentais de Galicia (TROIANO CARRIL, Xosé) (06-08-2022) |
|