Inventario de campás
Capela de San Salvador de Milreu - ARANGA (GALICIA)
Referencia 12184
Lugar de Milreu, 13.
15317 ARANGA
Referencia 12184
Lugar de Milreu, 13.
15317 ARANGA

Descricion A Capela de San Salvador de Milreu posúe planta rectangular e unha soa nave con ábsida rectangular. Os muros son de granito e están recebados e pintados de branco, agás os esquinais e os perpiaños dos marcos dos vans. A cuberta é a dúas augas con tella curva. Carece de decoración. A fachada principal consta de porta de madeira alintelada e unha espadana dun só oco, rematada cunha cruz e pináculos a ámbolos dous lados.
Campás 1 campá.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 08-08-2022
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Única | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1948 | 45.00 | 53 |