Inventario de campás
Igrexa de San Martiño de Meirás - SADA (GALICIA)
Referencia 12207
Lugar do Souto da Igrexa
15168 SADA
Referencia 12207
Lugar do Souto da Igrexa
15168 SADA

Data de construción Século XX
Descricion Igrexa parroquial de planta poligonal cun corpo cilindrico con escaleira ó redor que leva ata o pórtico de acceso. O volume principal divídese en dúas zonas con alturas diferentes entre as que se sitúa un lucernario vertical. A cubrición realízase a unha auga sobre cada volume, con inclinacións opostas e tella cerámica curva. Nun extremo posúe unha simple espadaña composta por dous machóns unidos por unha pequeña cubrición e campás. Os muros atópanse enfuscados e pintados ou cun chapado en pedra. O conxunto péchase cun muro curvilíneo de cachotería.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 21-04-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Campá menor (1) | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1952 | 55.00 | 96 |
| Espadana | Campá maior (2) | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1952 | 70.00 | 199 |