Inventario de campás
San Salvador da Arnoia - A ARNOIA (GALICIA)
Referencia 12218
Estrada de Ribadavia, 29.
32417 A ARNOIA
Referencia 12218
Estrada de Ribadavia, 29.
32417 A ARNOIA

Data de construción Século XVII.
Descricion Antigo priorado de Celanova. Igrexa parroquial do século XVII (fundada no ano 1612) e que se construíu sobre unha máis antiga de estilo románico, estilo que apreciamos unicamente nunha pequena xanela situada sobre a porta da fachada principal e sobre a que se sitúa a imaxe de San Salvador. O templo actual da igrexa da Arnoia consta dunha soa nave, cuberta por bóveda de canón e está dividida en seis tramos con arcos faixóns. Posúe unha capela lateral adicada á Virxe, con bóveda de pedra e cunha pedra armeira dun familiar da Inquisición.
Na súa fachada barroca, ademais da xanela románica, o ingreso está formado por un arco de medio punto decorado con molduras e unha espadana de dous corpos, cun frontón semicircular enriba dos ocos das campás. No seu interior consérvanse tres retablos, un deles de José Benito Arez González. A igrexa sufriría modificacións consecuencia de arranxos continuos de aí que cónxuxe estilos indeterminados. Recentemente restaurada.
.
Campás 3 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 13-08-2022
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Campá menor (1) | RUIZ, FRANCISCO ANTONIO | 1892 | 50.00 | 72 |
| Espadana | Campá mediana (2) | 1833 | 60.00 | 125 | |
| Espadana | Campá maior (3) | RUIZ, FRANCISCO ANTONIO | 1892 | 80.00 | 296 |