Santo Antón de Remuíño - A ARNOIA (GALICIA)

Inventario de campás

Santo Antón de Remuíño - A ARNOIA (GALICIA)

Referencia 12221


Web

Descricion Edificio de nave rectangular, presbiterio máis sancristía, e muros portantes de perpiaños de granito. A cuberta é de dúas augas na nave principal, e a varias augas no resto dos corpos.
No alzado exterior destaca a fachada, tamén de cantería, que representa unha traza pentagonal. No eixo vertical que pasa polo centro superpóñense a portada cun arco moi rebaixado e unha xanela circular. A fachada remata cunha espadana barroca de dous corpos, o inferior con tres machóns e dous arcos de medio punto onde se aloxan as campás, o corpo superior formado por un arco de medio punto rematado por un frontonciño semicircular cun pináculo.

Campás 3 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 15-08-2022

5 Fotos

Autor
  • Patrimoniogalego.net (FRANCO BARROS, Oscar) (28-08-2012)
  • FRANCO BARROS, Óscar / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (13-06-2021)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (26-11-2021)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaCampá menor (1)RUIZ, JOSÉ191050.0072
    EspadanaCampá mediana (2)60.00125
    EspadanaCampá maior (3)RUIZ, JOSÉ191080.00296