Santuario de San Paio de Entrecruces - CARBALLO (GALICIA)

Inventario de campás

Santuario de San Paio de Entrecruces - CARBALLO (GALICIA)

Referencia 12261

San Paio
15109 CARBALLO



Descricion Igrexa de planta rectangular con presbiterio de maior altura que o resto do edificio. Tellado a dúas augas ao longo da nave e a catro no presbiterio. Está feita con muros de cachotería e cantería de sillares graníticos. Amosa na fachada unha porta rematada en arco con grandes doelas e un van cadrado do centro. Da parte superior da porta ao hastial vai revocada e pintada de branco, ao igual que os muros. O presbiterio amosa a cantería de sillares. Espadana de dous corpos con ocos rematados en arco de medio punto para albergar as campás, e rematado en gablete con oco e adornada con pináculos. É unha das capelas máis antigas do concello de Carballo e no seu interior pódese ver unha unha bóveda de cruzaría formando unha estrela dividida en oito partes e un retablo renacentista.

Campás 2 campás.

Autor
  • VIEITES, Elixio / PATRIMONIOGALEGO.NET (18-01-2017)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (16-10-2021)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 04-09-2022

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)191955.0096
    EspadanaMaior.OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)192165.00159