Igrexa de San Xiao de Lobios - SOBER (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de San Xiao de Lobios - SOBER (GALICIA)

Referencia 12265

Lugar da Airexa, 14.
27423 SOBER



Web

Descricion Exemplar do románico rural do século XIII con notas que falan de transición ao estilo oxival. A sancristía é posterior e a espadana é barroca. É de nave rectangular con ábsida tamén rectangular. Dous contrafortes exteriores en cada lado, dividen os alzados laterais en tres pequenos entrepanos. As cubertas son de madeira a dúas augas na nave en tanto que a cabeceira se cobre cunha bóveda de cruzaría no tramo inmediato á nave e con bóveda de canón apuntada no tramo do testeiro. A fachada principal ten unha porta construída sobre un taboleiro saínte que remarca o seu abucinamento, con arco de medio punto apuntado, con catro arquivoltas de bocel decoradas con rosetas e bólas. Os capiteis teñen decoración vexetal. Na parte alta érguese unha ventá, moi apuntada, de trazaría gótica. No lado sur hai outra portada semellante á anterior. A ábsida é rectangular e está dividida en dous tramos por dúas columnas pegadas con capiteis entrelazados. No testeiro ábrese unha ventá na parte alta semellante á da fachada principal.

No interior destaca un tramo anterior á ábsida, cuberta con bóveda nervada que se apoia en columna nos capiteis da cal se representan símbolos, adornados con pinturas, dos catro evanxelistas: anxo, touro, león e aguia. Tamén conserva interesantes pinturas murais.

Campás 3 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 18-04-2023

4 Fotos

Autor
  • BARBEITO, José / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (19-09-2021)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (19-09-2021)
  • www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (15-04-2023)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaCampá pequena (1)186130.0016
    EspadanaCampá mediana (2)BLANCO LEMOS, ANTONIO196350.0072
    EspadanaCampá maior (3)DE LA SOTA LÓPEZ, JUAN MARÍA190360.00125