Inventario de campás
Igrexa de San Pedro de Buxantes - DUMBRÍA (GALICIA)
Referencia 12266
Lugaar de Buxantes, s/n.
15151 DUMBRÍA
Referencia 12266
Lugaar de Buxantes, s/n.
15151 DUMBRÍA


Descricion É unha das máis fermosas construcións de toda a comarca pola súa calidade artística. Posúe unha planta de cruz latina con dúas capelas que conforman unha estructura que ten función de ser o brazo do cruceiro. A capela do Rosario no lado do evanxeo é de estilo renacentista, e a capela da Asunción, no lado da epístola, pertence ó estilo barroco. Á nave ábrese unha capela no muro norte con dobre acceso, dende o interior da nave e dende o brazo do cruceiro. No muro sur ábrese outra capela que está adicada a San Miguel, así como o baptisterio, engadidos no século XVIII. Posúe un coro alto ós pés da nave.
A sancristía está pegada ó muro sur da igrexa. A capela maior cóbrese con bóveda de canón realizada con aparello de cantería e está reforzada no centro cun arco faixón. O cruceiro está formado por dous arcos torais e dous formeiros e cóbrese cunha bóveda de aresta de cantería. Ó exterior destaca o ciborio de planta cadrada e cun tellado a catro augas. A nave cóbrese actualmente cunha teitume de cemento que imita á antiga feita en madeira. Ós pés da nave levántase un magnífico coro pétreo sobre unha bóveda de canón rebaixada.
Campás 2 campás.
| Autor | Título | Data | |
|---|---|---|---|
| BARRAL, Cristina | Chicho López, campanero: «Teño traballo, pero non se valora» | 2019 | |
| GARCÍA QUINTÁNS, Modesto | A linguaxe das campás parroquiais na nosa comarca | 2021 |
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 27-08-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario | Menor. | LISTE VILLANUEVA, JOSÉ (PARROQUIA DE ORAZO) | 1893 | 85.00 | 356 |
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario | Menor. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 2019 | 84.00 | 343 |
| Torre-campanario | Maior. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1924 | 90.00 | 422 |