Inventario de campás
Igrexa de Santa María de Loimil - A ESTRADA (GALICIA)
Referencia 12268
Lugar de Loimil s/n.
36588 A ESTRADA
Referencia 12268
Lugar de Loimil s/n.
36588 A ESTRADA


Descricion Cóntanos o coengo López Ferreiro, redescubridor da tumba do apóstolo no ano 1879, que esta igrexa pertenceu a comezos do s. XII á belicosa raíña dona Urraca.
Segue a tipoloxía dos templos de ábsida rectangular, sendo unha das máis completas da comarca.
A nave conserva as tres portadas orixinais, unha delas tapiada. Exteriormente, na ábsida, destaca pola súa decoración a fiestra central. Aos lados, as dúas semicolumnas acaroadas fan a función de contrafortes e contrarrestan as presións que desde o interior exerce o arco apuntado que reforza as bóvedas de pedra.
Nos cumios da nave e da ábsida ten respectivamente unha laboriosa cruz de entrelazo e un fermoso Agnus Dei.
Campás 2 campás.
| Autor | Título | Data | |
|---|---|---|---|
| BARRAL, Cristina | Chicho López, campanero: «Teño traballo, pero non se valora» | 2019 | |
| FERRO PEGO, Luis & TROIANO CARRIL, Xosé | Campás e campaneiros da Estrada | 2023 |
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 07-01-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Maior. | LISTE PEREIRAS, JUAN (PARROQUIA DE ORAZO) | 1868 | 0.00 | |
| Espadana | Menor. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 2019 | 0.00 |