Igrexa de Santo André de Cabanas - CABANAS (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santo André de Cabanas - CABANAS (GALICIA)

Referencia 12280

Lugar Lousido s/n.
15621 CABANAS


Web

Data de construción Séculos XVII - XX

Descricion Igrexa parroquial do século XVII, que deriva de diversas etapas construtivas o que lle dá á igrexa un aspecto irregular. A fachada da igrexa é lateral por razóns do seu emprazamento. A nave, á que se arrima unha torre, presenta a cada lado do presbiterio, dúas capelas. A capela Sur de Rioboo foi fundada no ano 1683. A capela Norte dá acceso ás estancias que constitúen a sancristía.

Foi reedificada en 1942 conservándose a torre campanario do século XVIII, a capela maior e dúas capelas que comunican con ela. A capela maior, de estilo gótico, posúe o arco de acceso apuntado e cóbrese con bóveda de crucería. Capela sur é denominada da Concepción ou capela de Riobóo, fundada en 1683 polo arzobispo Francisco de Seixas. Cuberta con bóveda de aristas, con dous altares pétreos adosados nas paredes, responde aos canones renacentistas.

A outra capela, cuberta con bóveda de crucería con nervios apoiados en ménsulas, é a da Nosa Señora do Carme e San Alberto, fundada en 1704 polo cura Alberto López Baliño.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 09-09-2022

1 Foto

Autor
  • www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (09-09-2022)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (09-09-2022)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioMenor.HONTAÑÓN HAZA, PEDRO (1795-1876)184260.00125
    Torre-campanarioMaior.OCAMPO, MELCHOR (ARCOS DA CONDESA)191380.00296