Inventario de campás
Igrexa de San Mamede de Sarces - LAXE (GALICIA)
Referencia 12287
Lugar das Virtudes, 3.
15118 LAXE
Referencia 12287
Lugar das Virtudes, 3.
15118 LAXE

Data de construción Séculos XII-XII e XVII-XVIII.
Descricion A base arquitectónica románica deste templo data de finais do século XII ou primeiros do S. XIII, pero daquela obra queda moi pouco, xa que a ábsida foi reconstruída nos últimos anos do S. XVII e a nave no S. XVIII.
Presenta unha planta de salón formada por unha capela maior ou presbiterio. Arrimada ó muro norte da capela maior, e comunicada directamente con ela mediante unha porta, ten a sancristía. A fachada, coa clásica traza pentagonal, culmínase cunha espadana de grandes dimensións. A porta, formada por un arco de medio punto, presenta grandes doelas. A capela maior está cuberta por unha bóveda octogonal, rematada na parte central nunha pequena lanterna con cristais de cores que ilumina o interior. No muro sur da nave abríronse dous nichos ocupados polos retablos da Virxe do Carme e da Virxe de Luján. Arrimada ó muro oeste da nave atópase a tribuna, de recente construción. No exterior da igrexa hai un atrio de reducidas dimensións, a abandonada casa rectoral e o cemiterio.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 12-09-2022
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | 1852 | 55.00 | 96 | |
| Espadana | Maior. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1968 | 60.00 | 125 |