Igrexa de San Paio de Carreira - RIBEIRA (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de San Paio de Carreira - RIBEIRA (GALICIA)

Referencia 12402

Lugar de San Paio, 8.
15967 RIBEIRA



Descricion Esta igrexa consta dunha única nave, sancristía e campanario. A nave principal ten forma de cruz latina, co brazo transversal moi curto. Divídese en catro tramos por arcos faixóns de medio punto que sosteñen unha bóveda de canón ata o presbiterio onde é de cruzaría. O cruceiro está bordeado por catro arcos de medio punto. Aos pés do templo sitúase a tribuna de madeira. A sancristía sitúase na cabeceira, diferenciándose pola súa menor altura. Os muros son de cantería de granito, nos que se abren dúas ventás en cada tramo, unha a cada lado. Unha porta secundaria ábrese no lado norte.
A fachada principal é moi sinxela. Unha porta rectangular sen ornamentos e, sobre esta, unha ventá. Está rematada por unha cornixa a dúas augas, interrompida no lado norte pola torre-campanario.

Campás 2 campás.

Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (04-09-2021)
  • www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (29-08-2025)
  • 2 Fotos

    Fichas das campás

    Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

    Actualización 29-08-2025

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioCampá menor (1)BLANCO PAZ, ANTONIO185860.00125
    Torre-campanarioCampá maior (2)OCAMPO (ARCOS DA CONDESA)201980.00296