Igrexa de Santaia de Curtis - CURTIS (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santaia de Curtis - CURTIS (GALICIA)

Referencia 12411

Santaia, s/n.
15310 CURTIS


Web

Data de construción Século XVIII.

Descricion Igrexa de planta de cruz latina, cunha única nave cuberta de madeira que está dividida en tres tramos por arcos faxóns de medio punto situándose o coro no terzo máis preto ós pés. A ábsida preséntase cuberta por unha bóveda de canón con arcos de reforzo, o igual cas capelas laterais contrapostas que conforman os brazos laterais dun cruceiro que se cubre cunha bóveda de arestas sen nervaduras de reforzo. A sancristía atópase tralo altar e está recentemente reformada. Os muros son de cachatería ben executada con ocos recercados de cantaría e pilastras adousadas marcando ó exterior os arcos faxóns internos.
A fachada é de cantería cunha torre alta, que destaca con respecto á horizontalidade do edificio, con dous corpos superpostos, o primeiro cadrado e o segundo octogonal e cuberto cunha pequena cúpula. Estra torre levántase no frontis da fachada, no que se abre un rosetón que dá ó coro. A porta principal carece de decoración.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 04-11-2022

1 Foto

Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (18-06-2021)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (04-11-2022)
  • Cuadrante solar
    Hai un cuadrante solar

     

    Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    Torre-campanarioCampá menor (1)DE PALACIO CAGIGAL, SANDALIO185160.00125
    Torre-campanarioCampá maior (2)PALACIO, DÁMASO185870.00199