Igrexa de Santa María de Foxado - CURTIS (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santa María de Foxado - CURTIS (GALICIA)

Referencia 12427

Travesía da igrexa, 26.
15310 CURTIS


Web

Descricion Santa María de Foxado levántase sobre unha anterior capela románica, de cuxo edifico orixinal consérvase a parte baixa do muro da ábsida e algunhas pedras con marcas dos canteiros situadas nas escaleiras de baixada ao atrio.
Aquí contemplamos unha igrexa de estilo barroco, de tipoloxía rural moi frecuente na comarca. Presenta planta de cruz latina, con pequena capela e sancristía, obras realizadas con muros de pedra.
No muro exterior da cabeceira da capela de San Xoán, aberta á beira sur, é sinxelo advertir a silueta de tres cruces patadas gravadas nos sillares.
A fachada principal áchase organizada nun só corpo, con porta enmarcada e moldurada e, como remate, dous aletóns que non chegan a formar unha curva con pináculos nos laterais.
Sobresae da cornixa unha espadana de dous ocos.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 04-11-2022

2 Fotos

Autor
  • GARCÍA ROLDÁN, Alberto / PATRIMONIOGALEGO.NET (11-03-2020)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (14-06-2021)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaCampá menor (1)BLANCO CHARLO, FRANCISCO ANTONIO (1804-1878)186450.0072
    EspadanaCampá maior (2)BLANCO CHARLO, FRANCISCO ANTONIO (1804-1878)186470.00199