| Descricion |
Esta igrexa data dos séculos XII-XIII e posúe numerosos elementos propios do estilo arquitectónico románico, que se conservan a pesares de reformas feitas posteriormente.
Presenta planta de cruz latina con capelas laterais e mantéñense a ábsida semicircular orixinal da nave e a parte do muro sur.
A ábsida ábrese á nave na súa parte interior por un arco triunfal de medio punto sobre columnas de fuste liso e capiteis con decoración vexetal. No exterior conserva a ábsida semicircular primitiva con catro columnas adousadas con capiteis decorados, mentres no tramo central presenta un rosetón con celosía tallada en moldura redonda lisa con decoración xeométrica. O rosetón está flanqueado por dúas xanelas rematadas en arcos de medio punto con celosías e o rebordo da igrexa presenta unha ornamentación rica e variada.
A fachada do templo é de estilo barroco, concretamente do século XVIII e conta cunha interesante porta de entrada alintelada e recercada con moldura plana.
|
---|
Campás |
2 campás. |
---|
AutorTROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (15-10-2022) |
|