Igrexa de Santa María de Ois - COIRÓS (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santa María de Ois - COIRÓS (GALICIA)

Referencia 12502

Lugar do Castrillón, s/n.
15316 COIRÓS



Web

Data de construción Século XII.

Descricion Igrexa de estilo románico do século XII (1183), de tipoloxía rural moi frecuente na bisbarra. Na súa planta rectangular desenvólvese unha soa nave, cunha ábsida rectangular. No interior o tránsito entre o presbiterio e a nave realízase a través dun arco triunfal apuntado. O templo só ten bóveda na ábsida, que se reforza con dous arcos, o triunfal e outro intermedio, que arrancan de catro semicolumnas pegadas e coroadas por capiteis ornamentados con grosas follas, e fitas en espiral. No exterior concéntrase a decoración na fachada principal, onde destaca o tímpano. Posúe unha inscrición que fai referencia ao presbítero Pelayo de Oídes e ao ano de construción.

Estado actual Bo.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 11-11-2022

4 Fotos

Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (22-10-2021)
  • www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (11-11-2022)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.PALACIO, DÁMASO184150.0072
    EspadanaMaior.BLANCO PAZ, ANTONIO185065.00159