Inventario de campás
Igrexa de Santa Cristina de Lavadores - VIGO (GALICIA)
Referencia 12536
Rúa de Santa Cristina, 2.
36214 VIGO
Referencia 12536
Rúa de Santa Cristina, 2.
36214 VIGO

Descricion Igrexa parroquial levantada polo Mestre Rodrigo cara ao ano 1201 da nosa era segundo se desprende dunha inscrición achada na propia edificación. Experimentou unha reconstrución no último terzo do século XIX aínda que se respectou en gran parte o orixinal edificio románico así como parte dos alzados laterais. O acceso ao interior faise a través dunha tripla arcada de medio punto. Este pórtico de entrada ten a particularidade de ter pegado un cruceiro inserido no muro, con basea de dobre chanzo, fuste circular, capitel e a imaxe de Cristo crucificado. A fachada, de cadeirado regular, áchase coroada pola figura de Santa Cristina enmarcada nunha fornela. A torre-espadaña sitúase no lateral esquerdo da Igrexa. Dentro da nave consérvase a figura dun León, parte do soporte dun sepulcro medieval e, nun terreo próximo, un antigo sepulcro de tipo antropomorfo que tamén puido pertencer ao templo.
Campás 3 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 19-11-2022
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario | Maior. | CABRILLO MAYOR, JOSÉ | 1920 | 0.00 | |
| Torre-campanario | Mediana. | CABRILLO MAYOR, JOSÉ | 1920 | 0.00 | |
| Torre-campanario | Menor. | PELLÓN (SAN BREIXO DE ARCOS) | 1823 | 0.00 |