Inventario de campás
Igrexa de San Xulián de Coirós - COIRÓS (GALICIA)
Referencia 12569
Coirós de Arriba, 42.
15316 COIRÓS
Referencia 12569
Coirós de Arriba, 42.
15316 COIRÓS

Data de construción Séculos XII e XVIII.
Descricion Igrexa de estilo románico de finais do século XII. Na súa planta rectangular desenvólvese unha soa nave, da que sobresae unha ábsida rectangular. No interior o espazo entre a nave e o presbiterio resólvese mediante un arco triunfal apuntado, sobre dous semicolumnas de fuste curto e capiteis ornamentados con entrelazados, volutas e debuxos. No exterior destacan dos seus muros os contrafortes e as seteiras. A fachada principal foi reconstruída no século XVIII.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 02-12-2022
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | BLANCO RUCABADO, FRANCISCO ANTONIO | 1799 | 55.00 | 96 |
| Espadana | Maior. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1960 | 65.00 | 159 |