Igrexa de Santa María de Tioira - MACEDA (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de Santa María de Tioira - MACEDA (GALICIA)

Referencia 12585

Lugar da Eirexa, s/n.
32707 MACEDA


Web

Descricion Igrexa de planta rectangular, presbiterio máis elevado con pilastras nos cantos e remates e sancristía apegada a esta, con teito a dúas, catro e tres augas respectivamente. A súa fachada feita a base de bos perpiaños, de traza sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de luz rectangular con molduras que sobresaen do plano da fachada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular enmarcada en banda lisa. Rompendo o vértice do pentágono unha base para unha espadana de dous corpos flanqueado por dous pináculos. O primeiro corpo está formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e que serven para aloxa-las campás. O segundo formado por un arco de medio punto flanqueado por catro pináculos moldurados. Este conxunto está rematado por pináculo cunha cruz de pedra.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 12-12-2022

1 Foto

Autor
  • TROIANO CARRIL, Xosé / PATRIMONIOGALEGO.NET (26-11-2021)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (12-12-2022)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMaior.BLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS)19020.00
    EspadanaMenor.BLANCO ISLA, GREGORIO (PACIOS) (RIBAS ALTAS)19030.00