Igrexa de San Pedro de Perbes - MIÑO (GALICIA)

Inventario de campás

Igrexa de San Pedro de Perbes - MIÑO (GALICIA)

Referencia 12770

Rúa Currás, 60
15608 MIÑO


Web

Descricion Igrexa de estilo barroco de tipoloxía rural, situada no municipio de Miño ("Municipio de Interese Turístico"). Presenta un planta rectangular onde se desenvolve unha soa nave. O interior é moi sobrio dende o punto de vista ornamental, destacando o retablo do altar maior de características neoclásicas. Aos pés da nave sitúase un coro alto. O exterior concentra a decoración na fachada principal; no seu eixe vertical central superpóñense a porta de entrada, un pequeno van abucinado e, rompendo a cornixa, a base da espadaña de dous corpos, o primeiro composto por tres machóns que dan lugar aos ocos das campás, mentres que o segundo está formado por un corpo central flanqueado por pináculos.

Campás 2 campás.

Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé

Actualización 22-02-2023

1 Foto

Autor
  • www.turismo.gal (Xunta de Galicia) (22-02-2023)
  • TROIANO CARRIL, Xosé / CAMPÁS E RELOXOS MONUMENTAIS DE GALICIA (22-02-2023)
  • Fichas completas das campás

    Campás actuais

    LocalizaciónCampáFundidorAno de fundiciónDiámetro (en cm)Peso
    EspadanaMenor.MENÉNDEZ, FRANCISCO, NARÓN (GALICIA)187055.0096
    EspadanaMaior.CABRILLO, CASA (SALAMANCA)197185.00356