Inventario de campás
Igrexa de San Salvador do Pedroso - NARÓN (GALICIA)
Referencia 12775
Aldea Congostras, s/n.
15587 NARÓN
Referencia 12775
Aldea Congostras, s/n.
15587 NARÓN

Data de construción Século XVIII.
Descricion Pequeno templo rural con planta en forma de cruz latina que orienta a súa fachada ó suroeste enfrentándose ó recinto do cemiterio e formando un adro no seu entorno. Planta rectangular. Única nave lonxitudinal. A fachada principal concentra a ornamentación, mostrando un claro xogo de simetrías que inciden na división da fachada en tres panos, prolongándose o pano central pola torre-campanario, que culmina nunha cúpula rematada en pináculos. Muros de carga de cachotería exceptuando os esquinais e os ocos, que presentan pedra á vista.
O cruceiro sito no adro, é o único de Narón que presenta a particularidade de dispor dun pousadoiro construído en pedra serpentina ou toelo, das canteiras de Moeche.
Campás 2 campás.
Editor da ficha TROIANO CARRIL, Xosé
Actualización 25-02-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Torre-campanario | Maior. | BLANCO PALACIOS, ANTONIO (MONDOÑEDO) | 1880 | 0.00 | |
| Torre-campanario | Menor. | BLANCO, SERAFIN | 1856 | 0.00 |