Inventario de campás
Igrexa de San Xoán de Vilamourel - PADERNE (GALICIA)
Referencia 12780
Lugar Altamira, 9.
15314 PADERNE
Referencia 12780
Lugar Altamira, 9.
15314 PADERNE


Descricion Igrexa dunha soa nave de planta rectangular, ábsida máis baixa e estreita ca nave e, apegada ó muro setentrional da ábsida un pequeno corpo que serve de sancristía. Os seus muros son de carga, máis pilastras, de perpiaños de granito; agás no volume pertencente a sancristía que é de cachotería. Ten cuberta a dúas augas con cubrición de tella plana. Nos laterais da nave e do muro sur da ábsida destacan os típicos canzorriños característicos do Románico, así como as cruces inscritas en círculos nos piñóns da nave principal e da ábsida.
A fachada, de trazado simple, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta de acceso rectangular adovelada. Sobre o ingreso unha fornela moldurada e, sobre esta unha xanela rectangular abucinada que dá luz ó interior. Rompendo o vértice do pentágono unha base para unha espadana de dous corpos franqueada por dous pináculos con bóla. O primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados e serve para aloxa-las campás. O segundo sobre cornixa, un frontón triangular curvo franqueado por dous pináculos con bóla. Remata o conxunto, outro pináculo con bóla cunha cruz de forxa enriba.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Campás 2 campás.
Editor da ficha LLOP i BAYO, Francesc
Actualización 10-06-2023
| Localización | Campá | Fundidor | Ano de fundición | Diámetro (en cm) | Peso |
|---|---|---|---|---|---|
| Espadana | Menor. | OCAMPO (ARCOS DA CONDESA) | 1999 | 53.00 | 86 |
| Espadana | Maior. | SERNA, JOSÉ FRANCISCO (SANTIAGO DE COMPOSTELA) | 1802 | 55.00 | 96 |